Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDLG. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de marzo de 2021

Día de Rosalía

Co gaio da celebración do Día de Rosalía, todo o alumnado e as familias do centro, foron convidados a enviar unha gravación recitando uns versos dalgún poema da nosa benquerida Rosalía de Castro.

Como agradecemento, as persoas participantes recibiron un diploma de participación.





domingo, 7 de marzo de 2021

Como cada mes, o xornal O Papagaio chega á nosa biblioteca. Nel poderás atopar temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura... e todo en galego!