luns, 27 de xuño de 2022

mércores, 22 de xuño de 2022

Neste vídeo vemos ao alumnado de 6º de Educación Infantil visitando a biblioteca do centro.

Onte, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitou a Senda Mitolóxica do Monte Viso, unha actividade incluída no Proxecto Documental Integrado deste curso.

Nela, puideron achegarse ao mundo mítico a través das representacións de diversos seres fabulosos da nosa tradición oral (a Lamia, o Nubeiro, Breogán, a Moura, o Gatipedro...)



Durante este curso, os Libros Viaxeiros foron entrando nos fogares do noso alumnado para ir creando, de forma cooperativa, unha historia. Aquí está o resultado!

luns, 20 de xuño de 2022

venres, 17 de xuño de 2022

Apadriñamento Lector

No último Apadriñamento Lector do curso, o alumnado de 4º de Educación Primaria recítanos uns poemas do libro Abezoo.

mércores, 15 de xuño de 2022

Xa podedes ver na biblio os circuítos eléctricos que fixo o alumnado de 6º de Educación Primaria na clase de Natural Sciences.




martes, 14 de xuño de 2022

Os nenos e nenas de Educación Infantil anímanvos a que visitedes estes fermosos lugares da nosa xeografía!

Agardamos que vos gusten!

martes, 7 de xuño de 2022

Hoxe visitounos Ramón Blanco para falar de Galopíns e Pegasiño. Sorteou dous exemplares do seu novo libro, Cachucho.

Encantounos volver velo polo cole!



O alumnado de 4º de Educación Primaria tivo a ocasión de conversar hoxe con María Canosa. Falamos sobre libros e literatura, sobre a importancia da nosa lingua, de perseguir os nosos soños...




venres, 3 de xuño de 2022

O próximo 6 de xuño teremos a sorte de conversar con María Canosa e Ramón Blanco.

Recomenda Libros

Queredes aprender novas receitas? Se é así, interésavos esta recomendación lectora que nos chega dende a cociña do cole!