xoves, 22 de xuño de 2023

O alumnado de 1º e 2º de primaria, dentro do Proxecto de fomento do uso do galego Mundo Animal, elaborou este video coa técnica do kamishibai sobre as curiosidades das abellas.

Este curso, guiados polo Proxecto de Vida Activa e Deportiva desenvolvido no colexio, experimentamos cunha morea de actividades, cheas de movemento e diversión! O próximo teremos moitas máis!



sábado, 17 de xuño de 2023

Hoxe na SELIC tivemos o pracer de conversar con Charo Golmar e Olaya Naveira. Non nos pode gustar máis o seu traballo!



venres, 16 de xuño de 2023

Este libro recompila os traballos que o alumnado presentou no concurso Debuxando o noso patrimonio.

O alumnado de 5º de Educación Infantil cóntanos e cántanos "El león remolón".

martes, 13 de xuño de 2023

En 1º e 2º de Educación Primaria elaboramos estes murais coa clasificación dos animais vertebrados e invertebrados. Podedes ver a nosa aportación ao Proxecto Mundo Animal no corredor. 


luns, 12 de xuño de 2023

Aquí vos deixamos unha mostra das investigacións que fixeron os peques do cole coas súas familias.

sábado, 10 de xuño de 2023

No marco do Proxecto Mundo Animal, o alumnado de 3º e 4º de Primaria investigou sobre As aves da nosa terra



xoves, 8 de xuño de 2023

Esta semana asistimos aos premios do V Certame de Podcast O Vello dos Contos.

Anxo e Miguel quedaron finalistas! Parabéns rapaces!



Aproveitando a súa visita, non o deixamos marchar sen pasar por Radio Faladoiro.

Pronto poderedes escoitar a entrevista que lle fixemos para o noso Magazine!



A conversa que mantivo hoxe o alumnado de 3º de primaria con Ramón Blanco, non puido ser máis interesante!