luns, 29 de novembro de 2021

Velaquí podemos observar ao alumnado de 5º de Educación Primaria traballando na biblio sobre o desenvolvemento dun conto...

venres, 26 de novembro de 2021

luns, 22 de novembro de 2021

O alumnado de primaria desfrutou dunhas xornadas de Xogos Populares Galegos: o agocho, tiro da corda, as bolas, a buxaina, os zancos, carreiras de sacos... Foi xenial!

Este sábado, asistimos ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Foi unha experiencia moi enriquecedora na que aprendemos moito e sacamos un montón de ideas novas para a nosa biblio!

venres, 19 de novembro de 2021

Día Universal da Infancia

Mañá, 20 de novembro, celébrase o Día Universal da Infancia. Na entrada do colexio podedes ver o mural que fixemos para conmemorar esta data.

Tamén nos gustaría recomendarvos dous libros moi especiais: "Tengo derecho a la cultura" e "Historias que parecen Mentira"

Apadriñamento lector

O curso pasado quedou este Apadriñamento Lector, do alumnado de 6º de Educación Infantil, sen subir ao noso blog. E como non queremos que quede no esquecemento... aí vai!

luns, 8 de novembro de 2021

Os hórreos son unha forma propia da arquitectura rural da nosa terra e un trazo característico da paisaxe galega.

O alumnado de 6º de Educación Primaria, traballou estes meses sobre eles deixando esta representación na galería do noso centro.

Grazas pola vosa implicación e esforzo!

venres, 5 de novembro de 2021

xoves, 4 de novembro de 2021

Este curso escolar a bliblioteca, xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, pon en marcha o Proxecto Documental Integrado Vivamos Galicia, que abranguerá a todos os niveis e materias.

A través do proxecto, traballaranse aspectos como: festas e tradicións, vestimenta, gastronomía, lugares e paisaxes, lendas e mitoloxía, xogos populares, música e folclore...

Vivamos Galicia!

martes, 2 de novembro de 2021

Xa temos gañador do concurso de marcapáxinas!
Parabéns Raúl!

Grazas a todas e a todos pola vosa participación!