xoves, 30 de setembro de 2021

Recomenda libros

Con ganas de comezar unha nova aventura?

Dona María José, a nosa exdirectora, recoméndanos unha das súas lecturas favoritas.

Desfrutemos da viaxe!

martes, 7 de setembro de 2021

 Proximamente...

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN PALABRA, quere poñer o foco na palabra e a oralidade.

A imaxe é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero.

A biblioteca escolar ten a palabra e tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar ao alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as chaves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade.