A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN PALABRA, quere poñer o foco na palabra e a oralidade.
A imaxe é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero.
A biblioteca escolar ten a palabra e tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar ao alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as chaves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario