Feliz Día da Poesía!
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA b>. Amosar todas as publicacións
martes, 21 de marzo de 2023
venres, 22 de outubro de 2021
Día das Bibliotecas
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, e para conmemoralo levouse a cabo un concurso de deseño de marcapáxinas. Velaquí está o resultado!
martes, 4 de maio de 2021
Día do Libro
O día 23 de abril, celebramos no cole o Día do Libro coa creación de murais, marcapáxinas, carteis, reseñas literarias... e sobretodo, con moita lectura!
Velaquí podedes ver algunhas fotos!
xoves, 18 de marzo de 2021
Día Mundial da Poesía
Para celebrar o Día Mundial da Poesía, que ten lugar o 21 de marzo, convidámosvos a participar nunha actividade moi creativa! Tedes que escoller unha poesía que vos guste, e cambiar o final do poema ou engadir algúns versos a maiores.
Escribídea nun folio, cartolina, documento de word... e enviádea ao correo biblioteca@colexioamilagrosa.gal antes do día 1 de abril.
Se escaneades os códigos QR da imaxe, tedes unha escolma de poemas da editorial Kalandraka (aínda que non teñen que ser estes poemas os que empreguedes na actividade).
Todos os nenos e nenas participantes recibirán un diploma acreditativo.
Agardamos con ilusión os vosos traballos!
domingo, 14 de marzo de 2021
Día Internacional da Muller
Este ano, para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no noso centro quixemos renderlle homenaxe ás mulleres galegas, que coa súa labor manteñen os oficios artesanais: rodeiras, sancosmeiras, palilleiras, costureiras, leiteiras, mariscadoras, vendedoras...
xoves, 11 de marzo de 2021
Día de Rosalía
Co gaio da
celebración do Día de Rosalía, todo o alumnado e as familias do centro,
foron convidados a enviar unha gravación recitando uns versos dalgún poema da
nosa benquerida Rosalía de Castro.
domingo, 7 de marzo de 2021
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Como
ven sendo habitual, o 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e
a Nena na Ciencia.
ETIQUETAS:
11,
BIBLIO,
CIENCIA,
CIENCIAS,
CIENCIAS NA BIBLIO,
DÍA,
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA,
ESCOLMAS,
FEBREIRO,
INTERNACIONAL,
MULLER,
NENA
Día Escolar da Non Violencia e da Paz
Para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, na biblio fixemos unha escolma de biografías de distintos persoeiros que loitaron pola paz e polos dereitos humanos como Mahatma Gandi, Martin Luther King ou Rosa Parks.
Tamén seleccionamos algúns libros polo Día da Ilustración, como por exemplo Cándido e os demais, obra gañadora do XI Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado.
Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Este
ano, polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero [25 de novembro],
chegounos ao cole Alén. Loita e acariña, un libro moi especial cunha fermosa
dedicatoria da súa autora, Yolanda Neira.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















