mércores, 26 de maio de 2021

Día Mundial do Medio Ambiente

O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente, e para celebralo propoñémosche un concurso de fotografía. Anímate a participar!

martes, 4 de maio de 2021

Día do Libro

O día 23 de abril, celebramos no cole o Día do Libro coa creación de murais, marcapáxinas, carteis, reseñas literarias... e sobretodo, con moita lectura!

Velaquí podedes ver algunhas fotos!





 


venres, 23 de abril de 2021

Recomenda libros

Co motivo do día do libro, queremos estrear unha nova sección no blog, Recomenda libros. Agardamos que vos guste!

Feliz día e felices lecturas!

luns, 22 de marzo de 2021

Semana da Prensa

Co gallo da celebración da semana da prensa, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria elaboraron un informativo sobre as novas do colexio e unha entrevista á nosa exdirectora. E é que estes nenos valen para todo!

Podedes ver o vídeo premendo no enlace que se amosa a continuación.


Agardamos que vos guste!

xoves, 18 de marzo de 2021

Día Mundial da Poesía

Para celebrar o Día Mundial da Poesía, que ten lugar o 21 de marzo, convidámosvos a participar nunha actividade moi creativa! Tedes que escoller unha poesía que vos guste, e cambiar o final do poema ou engadir algúns versos a maiores.

Escribídea nun folio, cartolina, documento de word... e enviádea ao correo biblioteca@colexioamilagrosa.gal antes do día 1 de abril.
 
Se escaneades os códigos QR da imaxe, tedes unha escolma de poemas da editorial Kalandraka (aínda que non teñen que ser estes poemas os que empreguedes na actividade).

Todos os nenos e nenas participantes recibirán un diploma acreditativo.
Agardamos con ilusión os vosos traballos!

  

 

luns, 15 de marzo de 2021

Semana da prensa

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria, empregando recortes de prensa, inventaron as súas propias novas. Aquí podedes observar parte do seu traballo.