Un ano máis estamos aquí, recollendo ideas e aprendendo do bo facer das bibliotecas escolares!


luns, 27 de marzo de 2023

27 de marzo - Día Mundial do Teatro



Hoxe Carmen contounos unha historia moi especial, Los superpoderes de Ian.

Ian é neto de Carmen e ten hemiplexia alternante da infancia, unha enfermidade rara da que en España se contan unicamente 25 casos e que de momento non ten tratramento.

Para que se investigue unha cura é necesaria a vosa axuda!

Máis información en info@asociacion-nhai.org



Resumo gráfico dos Recreos Creativos desta semana.


xoves, 23 de marzo de 2023

 - 23 de marzo- Día Mundial da Meteoroloxía.



martes, 21 de marzo de 2023

venres, 17 de marzo de 2023

martes, 14 de marzo de 2023

As nenas e nenos de 5º de Primaria están desexando botar unha man na biblio!



luns, 13 de marzo de 2023

Ao longo da Semana da Prensa, o alumnado estivo a traballar nun novo Milagrosa Directo. Aquí está o resultado!

O alumnado de 6º de primaria rematou a súa formación de voluntariado na biblioteca escolar.



As Mochilas Viaxeiras seguen de casa en casa!



venres, 10 de marzo de 2023

Canto lle gustou ao alumnado de 1º e 2º o contacontos Misión Princesa!



mércores, 8 de marzo de 2023

As nenas e nenos do cole quixeron renderlle unha homenaxe ás Mulleres da súa vida con este mural.

Non esquezades botarlle un ollo á escolma de libros que temos preparada!



martes, 7 de marzo de 2023

luns, 6 de marzo de 2023

Parabéns aos gañadores e gañadoras do concurso Ilustrando a Rosalía!



venres, 3 de marzo de 2023

No marco do proxecto Mundo Animal, o alumnado de 6º de Educación Primaria, deseñou e elaborou estes xogos de mesa.

E ti... Atréveste a vir pola biblio a demostrar canto sabes sobre animais?



Hoxe o alumnado de 5º de primaria tivo a segunda sesión formativa de radio escolar da man de Ponte Nas Ondas!



Bótalle un ollo á recomendación que nos fan Noa e María Jesús!